PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O DOCUMENTAL PORTUGUÉS NO INICIO DO SÉCULO XXI
Este traballo representa unha análise global do documental portugués do inicio do século XXI1. Padece, polas circunstancias propias do tempo en que foi escrito, da ausencia dun tratamento máis distanciado e sistemático da información dispoñíbel. Non se pretende presentar un estudo definitivo, mesmo nin se entende como concluído; é antes un convite ao coñecemento e a reflexión sobre o documental portugués máis recente, que se espera poida conducir a unha explotación... Ler máis