EN BRANCO E NEGRO
Unha das vantaxes de traballares como programador é que che dá unha perspectiva sobre o presente cinematográfico distinta (e complementaria) á que terías como público ou crítico, posto que te empurra a deixar de centrarte na película como unidade de estudo para ollar o conxunto, observar as tendencias que subxacen na carteleira e así tratar de confeccionar ciclos a partir delas. Dese xeito, ao buscar nexos de unión potenciais entre as estreas máis interesantes da... Ler máis
X-MEN: DAYS OF FUTURE PAST, de Bryan Singer
Bryan Singer non inventou a adaptación cinematográfica do cómic superheroico (sen ir máis lonxe, antes del Richard Donner e Tim Burton xa levaran con éxito á gran pantalla a Superman e Batman), mais o seu achegamento ao universo da Patrulla-X (X-Men, 2000; X2, 2003) desmarcouse do visto até entón e sentou as bases do que debería ser o filme de superheroes canónico e moderno: conxugando o respecto cara ao material de orixe coa achega de intelixentes novidades que logo... Ler máis
SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis
O TERROR BUSCA PSICANALISTA
Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo, parece que este ano a cuantiosísima colleita de cinema de terror, fantástico e arredores do certame... Ler máis