CAMBORDA X ENCISO (II)

(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha maneira, ocultaba certas cousas, facíalles traballar desde algo inasible, pero modelábamos moito... Ler máis

ADRIÁN CANOURA: “FACER UN FILME É COMO PESCAR CALAMARES: NUNCA SABES QUE VAS PESCAR, SE VAS PESCAR, NIN CANTO TEMPO VAS A BOTAR PESCANDO”

Adrián Canoura (1991, Burela) é unha das voces emerxentes do cinema experimental galego actual. Por iso, non sorprende que os seus filmes formen parte da escolma de traballos que o (S8) Mostra de Cinema Periférico programou coa ocasión das ‘Sinais en curto’. Aproveitando o seu paso polo certame coruñés, conversamos sobre o seu cinema, unha obra moi unida a Galicia traballada desde unha certeira intuición. O teu cinema traballa moito sobre a cultura galega, pero tamén... Ler máis