SAN SEBASTIÁN 2017 (I): ZABALTEGI/TABAKALERA
No noso balance do pasado Festival de San Sebastián, publicado neste enlace, incidíamos xustamente na pervivencia de varios vicios adquiridos ao longo dos anos de extensa programación. O baixísimo nivel sistemático da Sección Oficial, a miúdo rechea con saldos chamados a esfumarse de calquera circulación en poucos meses, facía pensar nun inmobilismo atroz por parte do comité de selección, máis preocupado de non molestar demasiado ao persoal que de incluír títulos... Ler máis
PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”
Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis
UNHA SECUENCIA. PABLO HERNANDO
ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando
Un fillo espía a seu pai mentres este atravesa unha crise de fe, unha muller sinte unha atración incontrolable por obxectos diversos (unha escaleira, un parquímetro…), un virus ataca ás persoas e fai que digan cousas sen pensar. Estas tres frases son a única explicación que se lle pode dar a un filme que non responde a ningunha lóxica ou arco dramático tradicional. Esa Sensación (2015) é unha labazada directa ao espectador e un soplo de aire fresco que entra a... Ler máis
CARLO PADIAL (1/2): “FIXEN TALLER CAPUCHOC CO QUE TIÑA PORQUE NON PENSO PERMITIR QUE ME DETEÑAN”
Na pasada edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla, Carlo Padial presentou unha das seis diferentes montaxes de Taller Capuchoc (2014), a súa última película. A súa película foi a xoia dunha sección centrada nun cine diferente e rompedor centrado na contra-comedia. Temática, posta en escena, texto… todo xoga un papel moi importante no cine de Carlo Padial onde, máis que o continente, o que importa é o contido. Como plantexas facer unha película? Juan Cavestany... Ler máis
FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)
Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis
LOW COST, CRISE E CINEMA EN ESPAÑA
Juan Cavestany é un dos máximos expoñentes do cinema low cost, con obras como ‘Gente en sitios’. Facer unha introdución a un tema como a crise económica actual resulta redundante despois de sete anos de recortes, axustes orzamentarios, primas de risco e outras verbas de recente aparición. Porén, é importante sinalar como a crise do 2008 provocou o nacemento dunha das correntes máis interesantes do cinema español contemporáneo: estamos a falar de filmes afastados... Ler máis
A CRÍTICA COMO XERADORA DE TENDENCIAS. O CASO DO ‘OUTRO’ CINEMA ESPAÑOL
Jara Yáñez durante a súa intervención no seminario ‘A Crítica Intermedia’, celebrado dentro do Festival Play-Doc 2014, onde expuxo por primeira vez o contido deste texto. FOTO: Tamara de la Fuente. Até que punto é posíbel conservar a independencia precisa para que o crítico non se converta nun mero transmisor de intereses comerciais ou, se acaso, en prisioneiro do seu propio horror vacui ante a posibilidade de ficar desprazado do aparello institucional, dos... Ler máis
“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY
“Épocas estrañas requiren filmes extremos…”. Así preconizaba, coma se fose un agoiro, o tráiler de Dispongo de barcos (2010), un filme quimérico co que Juan Cavestany (Madrid, 1967) comezaba en 2010 a súa triloxía “feita a man”. Antes diso, o director coqueteara coa comedia española máis bizarra en El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004) ou a máis negra con Gente de mala calidad (2008). Mais hai catro anos, Cavestany decidiu dar un xiro de 360... Ler máis