MÁRGENES 2017: SECCIÓN OFICIAL

A chegada do mes de decembro adoita indicar o comezo do repaso do que deu o ano en cuestión en materia de cinema. Porén, desde hai xa 8 anos, hai un festival que reivindica este espazo temporal para ofrecer unha programación arriscada que dá voz a aquelas producións que se moven alén do tradicional e que, en moitas ocasións, non teñen a suficiente visibilidade. É o Festival Márgenes, que atopa xa no seu propio nome as razóns de ser: ollar nas marxes, naqueles espazos... Ler máis

BOLLAÍN TUVO QUE SER

A 12ª edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla homenaxeou ao director Juan Sebastián Bollaín no marco dunha das retrospectivas programadas. Descoñecido para a gran maioría, sorprendía escoitar nas colas das proxeccións como nin os seus propios veciños sevillanos o coñecían, o seu cine propón unha adiantada e surrealista visión da sociedade. A súa obra, rescatada e restaurada pola Filmoteca Andaluza, céntrase especialmente na cidade de Sevilla, onde o director... Ler máis