SAN SEBASTIÁN (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)

III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis

CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA

A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis

CANNES DÍA 2: A FEIRA DOS MENTIREIROS

Onte con Café Society (2016), Woody Allen abría este festival cunha de mentireiros que se autoenganan a si propios e ao seu entorno para vivir máis tranquilos (ou esa é a intención inicial). Cristi Puiu inaugurou a sección oficial competitiva cunha película que pode ser mesmo máis cómica que a de Allen, pero tamén máis aceda, nas Antípodas do vitalismo fatalista-melancólico que desprenden os personaxes de Eisenberg e Stewart. En Sieranevada (2016) todo é árido,... Ler máis

O CANON DE CANNES

Cada ano, a tempada cinéfila comeza co festival de Cannes e remata cos premios Óscar: os filmes que se presentan na sección oficial do primeiro protagonizan, para ben ou para mal, moitos dos debates da tempada até que algúns deles, por pura decantación, volven ser protagonistas tamén na entrega dos Óscar. A tempada pasada respondeu exactamente a ese mecanismo, coa Palma de Ouro nominada a mellor filme nos Óscar (The Tree of Life, de Terrence Malick), mentres que o gañador... Ler máis