FIC VÍA XIV. OS TRAZOS DO CINE NOS SEUS PERCORRIDOS

16 de decembro, de Álvaro Gago (2019) O FIC Vía XIV de Verín, nomeado en homenaxe a esta calzada romana que percorre o Val do Támega, presenta na súa nova edición unha visión variada de diversos camiños que se cruzan entre eles, debuxando unha programación que aposta sempre polo formato curto e que vai dende o experimental ao cine de entretemento.  A primeira sección, A Raia, é unha liña. Unha liña que non separa exactamente nada, senón que traza un percorrido con... Ler máis

IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS

Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China contemporánea. Nunha sociedade patriarcal o marido é o que traballa, mentres a muller fica na casa... Ler máis

APUNTAMENTOS SOBRE ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE NO CINEMA

O verdadeiro obxecto da educación, coma o de calquera disciplina moral, é procrear a felicidade. William Goldwing Basta unha ollada ao revelador libro Shere Hite responde a las cartas de los jóvenes sobre el sexo para comprobar que as dúbidas, preocupacións e intereses dos adolescentes respecto da sexualidade van moito máis alá das reiteradas cuestións sobre a primeira vez, o embarazo ou as enfermidades de transmisión sexual. Algunhas das cuestións que os mozos expoñen... Ler máis