CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS

Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis

AS NOVAS DAMAS DO CINEMA INDIE DOMAN OS TIGRES DE RÓTERDAM

Entrega de premios da 41 edición do Festival Internacional de Cinema de Róterdam. Logo de nove días nos que vivín para comentar películas, hoxe vou facer algo distinto. Oito da tarde, Arcadis Zaal do centro de operacións De Doelen. Máxima expectación ante a inminente entrega do tres Tigres deste 2012 que empezou con mal pé para os certames de cinema (onte coñecía que tamén se cargaron o REC de Tarragona). Os representantes de catorce das quince delegacións na competición... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 9: OVOS, PEDRAS… E CINTAS DE AUDIO

11.644 cafés despois, 4.350 rolos de baño gastados e cunha repercusión de case 5.000 mensaxes en Twitter, o Festival Internacional de Cinema de Róterdam vaise extinguindo. Mañá saberemos quen son os gañadores dos Tiger Awards deste 2012. Logo de ver todas as películas desta sección eu xa teño as miñas favoritas, aínda que me faltan por comentar as últimas dúas. Egg & Stone, da cineasta chinesa Huang Ji, sorprendeume gratamente. O filme móstranos o día a día... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 8: SE A VIDA NON CHE SORRÍ… BÉRRALLE FUCK YOU!

Febreiro agasallou aos holandeses o inverno que levaban esperando desde antes do Nadal. O frío da rúa parece traspasar as paredes do centro de operacións do IFFR ante a marcha dunha boa parte dos invitados. Un punto morto, como unha zona de tránsito aeroportuaria medio baleira, que espera a chegada de novos visitantes para a clausura. Ás nove e media da mañá eramos catro gatos na sala de proxeccións. A película merecía moitos máis. Ningún miañou, mais eu pasei todo... Ler máis