SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen

O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme, Café Society, toma prestado de Días de radio (1987) a súa coidada ambientación histórica e chiscadelas... Ler máis

CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA

A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis

CANNES DÍA 9: ALBERT SERRA E A AGONÍA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL

O enfant terrible do cinema español chegou ao noveno día a Cannes, e sorprendeu. Albert Serra presentou hoxe fóra de competición La mort de Louis XIV (2016), co mítico actor Jean-Pierre Léaud, que encarnara a Antoine Doinel nos filmes de François Truffaut, no papel protagonista. A elección deste tótem da interpretación en Francia para dar vida a un rei decrépito, postrado e moribundo non é casual. A morte de Luís XIV do catalán é a historia dunha agonía, pero... Ler máis

CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas

Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará persoalmente e fará que cuestione o seu talento, traxectoria e lugar no mundo. Esta brevísima... Ler máis