LÁSZLÓ NEMES: “O CINEMA DEBERÍA CUESTIONAR A PROPIA LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA”

László Nemes © Laokoon Filmgroup – Ildi Hermann Tralo éxito da súa rompedora ópera prima, O fillo de Saúl (2015), que se fixo co Gran Premio do Xurado no festival de Cannes e o premio Óscar á mellor película de fala non inglesa, o realizador húngaro László Nemes presentou durante o pasado festival de Venecia a súa segunda longametraxe: Atardecer (2018), outra cativadora obra mestra. Mentres que a alfombra vermella do Lido fervía co bulicio e a expectación,... Ler máis

THE FAVOURITE, de Yorgos Lanthimos

Mellor película do ano segundo o American Film Institute; premios ao mellor filme independente británico, mellor dirección, mellor actriz protagonista (Olivia Colman) e actriz de reparto (Rachel Weisz), mellor fotografía, deseño de vestiario, maquillaxe, deseño de produción e guión nos British Independent Film Awards; galardóns para á interpretación das actrices (especialmente para Colman) outorgados pola Chicago Film Critics Association, o Festival Internacional de... Ler máis

THE TREE OF LIFE, de Terrence Malick

MALICK, DEUS DA CINEFILIA · Resulta curioso que a cinefilia aínda conte con certos ídolos (no sentido máis relixioso da palabra) nun momento no que a tiranía dos mercados gañou a batalla, afastando todo rastro de espiritualidade das nosas vidas cotiás. Que precisamente o obxecto de adoración desta tempada sexa The Tree of Life, de Terrence Malick, non deixa de ser irónico, dado que o filme é un tratado teolóxico en toda regra. Co Kubrick de 2001: A Space Odyssey como... Ler máis