“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”

Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida. E por un instante o cinema morto, o das cousas, vese eclipsado por un cinema de vida, o de esas cinematografías... Ler máis

JOSÉ LUIS GUERÍN: “ANALIZAR O MATERIAL FILMADO COMO FARO DAS SECUENCIAS QUE ESTÁN POR RODAR”

José Luis Guerín é un dos directores españois máis relevantes do panorama actual. Con Innisfree (1990), Tren de sombras (1997) e En construcción (2001), dilapidou as nocións clásicas do rexistro documental, dando lugar a películas consideradas por moitos como as precursoras en España das hibridacións propias da non ficción actual. En la ciudad de Sylvia (2007) levouno a filmar o seu primeiro filme “de equipo” dende a súa ópera prima Los motivos de Berta (1985),... Ler máis