Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido

Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes. Uns diarios que, como todos, non buscan recoller de forma metódica todo... Ler máis

MÁRGENES 2015: NOVAS FORMAS DE OLLAR

A cotío a programación dos festivais máis alternativos prestan atención a filmes que buscan novas olladas ante o coñecido. É o caso de Márgenes. Se ben os filmes seleccionados na Sección Oficial son singulares e diferentes entre si, existe unha certa tendencia entre todos eles a estudar o espazo, a cidade, a través do cine. Desde a inmensidade da cidade de Los Ángeles ao espazo pechado que os muros de La Sombra recollen, os filmes da V edición buscan unha nova forma... Ler máis