AS VOCES MARKER

Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a súa capacidade de innovar coa linguaxe audiovisual será na súa obra multimedia. Como en Zapping... Ler máis

SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”

Foto: María Messeguer Baixo o nome ‘As regras do xogo’, a novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico achega unha selección de filmes do director estadounidense Scott Stark. Os seus filmes caracterízanse por nacer dunha sorte de xogo de Scott co proceso da filmación/montaxe, obtendo resultados dispares que van desde a ironía de Probability (1985), a hipnose visual de Shape shift (2004) ou filmes máis abstractos e materiais coma Speechless (2008). Despois de... Ler máis

ACORDAR

acordar verbo transitivo 4. Ter na memoria. verbo intransitivo 6. Deixar de estar durmido. (Dicionario da Real Academia Galega) Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as similitudes estéticas e narrativas que os dous filmes comparten.  Read More