LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé

O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas económicos ou a pobreza, que trae consigo a desesperación, a rabia e por último a impotencia ou desilusión, actitudes que non facilitan un posto de traballo, nin moito menos a ansiada estabilidade, provocando decisións que circunstancialmente nos poden levar ao abismo. Esta é a dura pero tremendamente certa representación que nos brinda este filme sobre as clases máis desfavorecidas, que trae consigo unha crítica social e un sutil e terminal dilema moral no que o espectador terá que pararse a pensar para percibilo na súa totalidade.

La loi du marché (2015) ten como protagonista a Thierry, interpretado por Vincent Lindon, un home de avanzada idade, pai de familia, cun fillo discapacitado e en paro, en busca de traballo, cunha deuda nas súas costas e sen facilidade algunha. Foi despedido xunto con outros moitos traballadores que tentarán levar a empresa a xuízo, algo no cal Thierry se ve incapaz de continuar. Ríndese ante unha situación inxusta. Apodérao a deseperación, unha desesperación constantemente presente durante todo o filme, gracias a unha máis que admirábel actuación dun Vincent Lindon abatido en todo momento, junto un xogo de cámaras que en ningún momento abandoa ao noso personaxe principal. Un xeito de grabar primeros planos e planos medios na súa maioría de longa duración, que nos achegan ao personaxe, á súa realidade, e que tenta con éxito abrumador facer da historia algo veraz, algo real. É coma se os nosos ollos foran a cámara, sempre dende a distancia axeitada para poder empatizar, dándolle unha total naturalidade á cinta.

Mediante cortes situacionais da historia, vamos vendo distintos aspectos da vida de Thierry, dende a ira que sinte pola insuficiente e incluso inútil axuda que lle ofrecen nas oficinas de empleo, pasando por entrevistas de traballo, que acaba mantendo ese sentimento de temor e angustia ante a imposibilidade de atopar un oficio, así como a presión que exerce o banco ante unha deuda con poucas posibilidades de ser pagada. Ante unha situación tan dramática, o matrimonio decide poñer en venta unha caravana a un prezo por debaixo do mercado que aínda así é regateado e como consecuencia poñen fin á venta a pesar da necesidade imperiosa do diñeiro.

Vincent-Lindon-escena-pelicula_EDIIMA20160208_0693_5-2

Nas esceas familiares, a pesar da dura realidade pola que están pasando, e todavía estando presente nelas a desesperación, o director consigue transmitir certa felicidade grazas ás conversacións paterno e materno filiais que acaban véndose afectadas por malos resultados académicos, debido por suposto á tristeza que o pai leva consigo. Tamén podemos disfrutar dun momento de alivio no que o matrimonio asiste a clases de baile, axudándolle a desconectar.

Nun momento inesperado, Thierry consigue pasar un período de probas como garda de seguridade conseguindo así unha estabilidade económica que lle permite pagar a súa deuda. Nembargantes, no traballo a situación torna sumamente sorprendente, confrontándose á desperada realidade que él viviu coa da xente que ten que deter por roubar ou enganar, debido tamén á mala situación financieira que os somete a actuar a pesar dos riscos, donde unha frase o di todo: “si j’avais les moyens, je le ferais” (se puidera pagalo, faríao). Neste percorrido final do filme no que a desesperación non deixa de lado ao noso protagonista, senon que o acompaña, mais dun xeito distinto, mediante a percepción da mesma en ollos alleos, vese obligado a obviar o sentimento de comprensión para poder conservar o que tanto desamparo lle costou conseguir. Un traballo. É aquí onde entra en conflicto a ética e a moral social, é aquí onde Vincent se amosa máis inalterable que no resto do filme, mantendo a desesperanza na liña, tanto dentro do seo familiar como fóra, no seu traballo. Incluso cando unha das súas funcións da lugar a un terrible acontecemento que non deixa de ser algo máis alonxado que cercano á ficción a día de hoxe, o suicidio dunha das caixeiras do supermercado á que tivo que intervir e que fora despedida.

Vemos entón nesta dura pero real historia, a causa e efectos económicos e sociais que ten consigo unha crise como a actual. A esta proxección tan humana cabe engadir un espléndido e cercano guión escrito polo propio director xunto con Olivier Gorce. E por último unha secuencia final onde unha sutil canción fai especial fincapé nese sentimento presente durante toda a reproducción, impotencia e desilusión, rematando un plano fixo onde vemos o coche de Thierry salindo do párking e alonxándose, deixando atrás ao espectador, de xeito que este non se olvide do personaxe, para que este sea consciente do que é real.

Comments are closed.