L’ALTERNATIVA 2017: A RESISTENCIA DOS CORPOS

Taste of cement (Ziad Kalthoum, 2017) A última edición do festival barcelonés L’Alternativa pechou a súa vixésimocuarta edición cun éxito de público e unha coidada mostra dalgunhas das películas premiadas ao longo do ano (en Visions du Reel, Locarno ou o BAFICI), así como diversos focos a cineastas tan necesarios como Deborah Stratmann, Michael Glawogger e Eric Pauwels. Unha grella que continúa a interesante labor de programación de edicións pasadas, onde se... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2016 (I): ESPAZOS

Como en todo festival cunha programación amplia que se precie, os primeiros días de San Sebastián ofreceron multitude de perspectivas dende as que abordar tódalas películas vistas. Moitos dos traballos máis suxerentes coincidiron en destacar pola súa relación cos espazos en que se desenvolven, lugares físicos en cuxa presencia cimentar os distintos alcances dos seus proxectos. I. En Abrir puertas y ventanas (2011), primeira longametraxe da arxentina Milagros Mumenthaler,... Ler máis

O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis

TOP 10 2011

A redacción d’A Cuarta Parede elixiu as mellores películas do ano cos votos de todos os colaboradores. Salvo que se indique o contrario, as listaxes conteñen dez filmes, aos que se lle atribuíu unha puntuación de 10 a 1, outorgando o valor máis alto á mellor valorada e así sucesivamente. Estes son os resultados: El árbol de la vida, de Terrence Malick: 53 puntos El Havre, de Aki Kaurismäki: 33 puntos EMPATE: Melancolía, de Lars Von Trier / Shame, de Steve McQueen:... Ler máis

BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA

No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis