MELANCHOLIA, de Lars von Trier

ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ’boutades’, ruído de fondo anecdótico que non pode enmascarar unha realidade, que non é outra que estamos, probablemente,... Ler máis

DRIVE, de Nicolas Winding Refn

O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos como acepta un novo encargo. “E non poderás volver localizarme neste teléfono”, espeta ao seu... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis

MÁIS ALÓ DA ÚLTIMA FRONTEIRA

Dicíao Merovingio en Matrix Reloaded (The Wachowski Brothers, 2003), só hai unha verdade no universo: a causalidade, por cada acción hai unha reacción. Por iso non é de estrañar o fenómeno que, a modo de liña argumental, seguiu o festival de Sitges deste ano. Aínda que oficialmente a presente edición estaba dedicada ao mundo da intelixencia artificial algo se moveu de forma soterrada pero evidente: a profusión de filmes cuxa lectura trasládanos á inquietude pola... Ler máis

EN UN MUNDO MEJOR, de Susanne Bier

O DOBRE FRUXO DA DIDÁCTICA E A CULPA ·  Como ocorre en tantas ocasións, unha tradución do título orixinal, non tanto desafortunada coma si pouco atrevida (moral e comercialmente), conduce non só a unha importante perda de matices, senón tamén, e de modo máis grave, a un considerable desvío na primeirísima orientación cara a lectura do filme, tanto no seu conxunto como nas súas partes. Por tanto, poderiamos estar ante un modo, aínda inocente, de adulterar unha... Ler máis