MARRIAGE STORY, de Noah Baumbach
Ola! Puxen Marriage Story de primeira na miña lista do mellor do ano e penso que me arrepinto. Esta crítica é, máis que unha crítica, unha reflexión para ver por que me pasa iso e descubrir a miña opinión final. Antes de nada, un meme. Marriage Story estivo un par de semanas nos cines, nunha desas estreas limitadas de Netflix. Nese período non vin memes nin moito comentario máis aló das críticas positivas da maioría da prensa e así. Ía predisposto a que me gustase... Ler máis
ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS
Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis