O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher

LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis