SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)

A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar que o ‘cambio’, nas súas diversas manifestacións, adoita ser o motivo que desencadea a narrativa.... Ler máis

SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (1)

O cine francés máis refrescante do ano adoita atopar o seu espazo nas Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Este ano tiña bos representantes: 9 doigts (9 dedos, F.J. Ossang, 2017), Les garçons sauvages (The Wild Boys, Bertrand Mandico, 2017) e Ava (Léa Mysius, 2017). Comenzaremos polas dúas primeiras porque se compararon moito no festival. Ambas as dúas están filmadas en branco e preto cun estilo máis ou menos similar, as dúas contan parte da súa historia... Ler máis

CLERMONT 2016: TODOS ESTADES CONVIDADOS

O festival internacional de curtametraxes de Clermont-Ferrand reuniu un ano máis todas as tendencias do cinema en formato breve nas súas máis de 30 sesións a competición. O certame confía no seu tamaño para sacar músculo, erixíndose en principal embaixador da curta en Europa, coa diversidade como marca identitaria. Dados os diferentes estilos das súas seccións, un debe saber cando se achega a Clermont, que se quere pasar un bo rato con competentes historias de corte... Ler máis