O mellor de 2021

Seguindo o espírito aberto no 2020, e fuxindo dun mero resumo do realizado no 2021, A Cuarta Parede volve preguntar ás súas colaboradoras polo repaso do ano. Un repaso libre, onde cinema e vida forman parte do mesmo: porque non entendemos a vida sen cinema, e porque hai máis vida alén do cinema. Onde unha viaxe, un libro, un filme ou unha canción ocupan o mesmo lugar. Porque as cousas están suficientemente mal como para poñernos exquisitos. En A Cuarta Parede apostamos... Ler máis

Libertad, de Clara Roquet

© Avalon Os termos relixiosos non adoitan entrar como norma dentro do meu vocabulario habitual, pero falar desta película sen dicir, por exemplo, que é unha bendición e que ten unha pureza ilimitada e cristalina, antóllaseme complicado de base. Clara Roquet desprega en Libertad (2021), a súa primeira longametraxe como directora e guionista, unha delicada e directa caligrafía visual, cunha cámara case ausente, consciente de que non é nin necesita ser a protagonista, e... Ler máis