Tatiana Macedo: “Gústanme as imaxes nas que non sinta o cadrado ou rectángulo, que me proxecten para fóra da imaxe”

Dúas capturas de A Intérprete, unha das pezas de ‘Foreign Grey’ 16h en Lisboa, 17h en Granada. Martes 3 de novembro. Entrevisto a Tatiana Macedo (Lisboa, 1981) por videochamada con motivo do foco que se lle acaba de adicar na Coruña, no marco do Festival Intersección. Comezo a entrevista cunha pregunta que a autora lisboeta encontra vasta, pero á que intenta dar resposta tamén ao longo de toda a conversa. Por que produces imaxes? Penso que xa produzo imaxes cando... Ler máis

LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA

O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis