FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras
Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis