CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis

O FENÓMENO DO CRUISING NO AUDIOVISUAL RECENTE

Como ocorre con cada termo que ten a súa orixe no argot ou no slang, custa definir con precisión en que consiste o fenómeno do cruising, mais basicamente supón buscar e practicar sexo con descoñecidos en lugares públicos. Nun principio, estes lugares eran espazos ao aire libre como parques e praias, pero paseniñamente a definición tamén comezou a abarcar urinarios e locais específicos pensados para iso, como as saunas e os bares con cuarto escuro. É un fenómeno que... Ler máis

L’INCONNU DU LAC, de Alain Guiraudie

SEN MEDO Á ESCURIDADE Reflexións sobre unha das miñas películas favoritas de 2013 Alain non ten medo a rodar de noite. Alain non ten medo a rodar escenas de sexo explícito entre persoas do mesmo xénero. Alain non ten medo a mostrarse como Deus o trouxo ao mundo na súa película. Alain non ten medo a prescindir da música nun thriller. Alain non ten medo a nada. L’inconnu du lac / O descoñecido do lago tivo a súa premiere mundial na pasada edición do Festival de... Ler máis

O MELLOR DE 2013

A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis

SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de Cannes, cinco de Venecia, dous de Berlín, un de Locarno e outro máis de Karlovy Vary, deixando marxe... Ler máis