RETRINCOS DUN FESTIVAL QUE REMATA
Logo de once días de máxima actividade o IFFR agasállanos unha xornada de asueto na que decidín tomar a mañá libre. Onte superaba as 40 películas, unha barreira que hai uns días parecía inalcanzable, pero que co tirón final chegou un día antes de que as pantallas se apagasen. Na oficina do festival miro pola xanela a neve que onte caía con forza e que hoxe nos dá un respiro para gozar do fin de festa. Pola miña banda vou contarvos un par de cousiñas sobre os meus... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 9: OVOS, PEDRAS… E CINTAS DE AUDIO
11.644 cafés despois, 4.350 rolos de baño gastados e cunha repercusión de case 5.000 mensaxes en Twitter, o Festival Internacional de Cinema de Róterdam vaise extinguindo. Mañá saberemos quen son os gañadores dos Tiger Awards deste 2012. Logo de ver todas as películas desta sección eu xa teño as miñas favoritas, aínda que me faltan por comentar as últimas dúas. Egg & Stone, da cineasta chinesa Huang Ji, sorprendeume gratamente. O filme móstranos o día a día... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 4: TODOS TEMOS UNHA HISTORIA QUE CONTAR
Un neno de once anos acompaña ao seu pai a recadar o diñeiro das súas máquinas comecartos en Barcelona. Entre bares, dentro dunha desas míticas Renault Express, o pai coméntalle ao fillo o seguinte: “Se me tivese que mudar a un país moi afastado, virías comigo?”. Así sucede que a familia remata vivindo no outro lado do charco, onde o noso protagonista se enfronta a unha adolescencia chea de complicacións, ten o seu primeiro amor, e, xa adulto, regresa ao seu país... Ler máis