THE KILLING OF A SACRED DEER, de Yorgos Lanthimos

O cinema do director grego Yorgos Lanthimos é difícil de catalogar. As primeiras novas da súa obra –inquietante, inquisitiva, punzante e altamente codificada– chegáronnos con Κυνόδοντας (Canino, 2009), unha longametraxe que supuxo a primeira colaboración co seu coguionista Efthymis Filippou, e onde Lanthimos expuña as coordenadas dun cinema de estrañeza, violencia e incomodidade do que nos seguiu ofrecendo novos retrincos ao longo da última década. Con... Ler máis

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis

NÚMERO 19

A Cuarta Parede comeza este novo ano cun repaso ao mellor do anterior a través das votacións dos nosos colaboradores. Como estas listaxes serven para ben pouco se non se acompañan dalgunha reflexión, imos adicar a nosa Panorámica a algunhas das tendencias que marcaron este 2013, partindo sempre dos filmes incluídos na nosa escolma. Ademais, revisaremos as críticas dos títulos mellor valorados, e publicaremos outras novas daqueles que se nos escaparon no momento da súa... Ler máis