Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Samsara, de Lois Patiño Ler máis Read More
A Anticrítica do Play-Doc 2022
Catro rapaces dun máster preséntanse en Tui para formarse nunhas xornadas sobre podcast, organizadas en relación co festival Play-Doc. “Malo será que nos manden facer algo sobre cine, ou?”. Non lles quedou outra que renderse ante a sétima arte e editar un produto en audio sobre as tres únicas curtas que se atreveron a ver. Sentíndolo polos afectados, estes catro iletrados da gran pantalla non quedaron sen dar a súa opinión. Autores: Alba Barreiro Núñez Andrés... Ler máis
Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio
Un día en Tui dá para moito. Case trinta graos de temperatura ambiente no exterior e outros tantos de temperatura emocional nun lugar fresco e escuro no que as nosas vidas se converten en cine ou viceversa, dán para moito máis. E quen recibe? Pois aqueles que coma nós, adictos á emoción, decidíronse a participar no seminario de creación de podcasts, desexosos de recibir o don da elocuencia cando queren comunicar a paixón polo cine a outros seres similares. Este... Ler máis
Play-Doc 2022: Cinema galego
Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis
FICX 2021: Novo mundo
Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis
REC 2020: Primeiros ollares
Mogul Mowgli (Bassam Tariq, 2020) O Festival REC, que se celebra en Tarragona baixo a batuta de Xavier García Puerto, decidiu substituír nesta edición o seu xurado da prensa por un de cineclubes, unha novidade coa que pretendían prestar atención a uns colectivos que cada vez desempeñan un papel máis fundamental na industria cinematográfica. Grazas a este cambio de criterio (que oxalá empece a implantarse tamén en Galicia), puiden achegarme a terras catalás como representante... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado
Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme que se proxecta ante ti, iso non ten prezo. A relación que se establece co cinema non é a mesma... Ler máis
LÚA VERMELLA, de Lois Patiño
“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis
DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A diversidade da paisaxe fronte á intención reducionista A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven nunha reducida simplificación dos seus significados, a paisaxe parece restrinxirse a un rol icónico... Ler máis