XÉNERO FALOCÉNTRICO

Se Sitges fixese uns cálculos estatísticos do seu público, que número de mulleres recollería a mostra por sesión? E se nos poñemos a contar o número de realizadoras que están detrás dunha cámara, sobre o total de filmes presentados nas últimas edicións, cal será o resultado? Non fai falta ter moita paciencia para estimar: baixa presenza. Por que lle preocupa a un xornalista cinéfilo esta cuestión? Non é polo que lle influíse a socioloxía na carreira, que pode... Ler máis

LOOPER, de Rian Johnson

VIAXES DE CULTO Na desintegración corporal que pareceu ocupar boa parte da selección de Sitges deste ano, cobrou especial importancia un filme tan irregular como atractivo: Looper, destinado a se converter nunha cinta de culto pola brillante e orixinal exposición dunha trama de viaxes no tempo ao uso, pero executada cun ritmo trepidante, e unha estética e narración adheridas a un estilo moi Novo Hollywood. Se puidésemos atopar un lugar en común entre a intensidade dramática... Ler máis