PABLO HERNANDO: “PARA MIN NON HAI NADA MÁIS BONITO QUE ESTAR DENTRO DUNHA PELÍCULA E NON ENTENDELA”

Dentro da programación de xaneiro do CGAI, Pablo Hernando (Vitoria-Gasteiz, 1986) foi convidado para presentar os filmes Esa sensación e Berserker. A súa aposta autoral mestura comedia negra e drama con toques de ciencia ficción en películas que son á par inexplicables e aditivas. Na biblioteca da filmoteca comezamos a nosa conversa falando de Carlo Padial, cuxa entrevista na revista tivo unha gran acollida nas redes sociais grazas á difusión a través do twitter do director... Ler máis

ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando

Un fillo espía a seu pai mentres este atravesa unha crise de fe, unha muller sinte unha atración incontrolable por obxectos diversos (unha escaleira, un parquímetro…), un virus ataca ás persoas e fai que digan cousas sen pensar. Estas tres frases son a única explicación que se lle pode dar a un filme que non responde a ningunha lóxica ou arco dramático tradicional. Esa Sensación (2015) é unha labazada directa ao espectador e un soplo de aire fresco que entra a... Ler máis