ALÉN DA BLACK LODGE. UN DEBATE SOBRE TWIN PEAKS
Pasamos a primavera e o verán pendentes da televisión, das descargas, das tablets, sempre cos auriculares postos, subindo o volume ao máximo, como Gordon Cole nos ensinou. Vímolo todo, mais apenas percibimos unha parte. Tentamos entrar na Black Lodge sen que ningún psicopompo nos quixese levar dentro. MIKE, en soños, berrábanos “iiiiiiii-lek-trííí-si-ti”, e nós espertábamos crendo que sabiamos, para un segundo despois esquecer todo. Tiñamos que falar. Tiñamos... Ler máis
MONICA DEMES: “CREO QUE COMEZAN A DAR ESPAZO PARA QUE A MULLER XOGUE UN ROL DIFERENTE NO CINEMA”
Na pasada edición do 21 Festival de Cine Internacional de Ourense unha rara avis entrou dentro da Competición Iberoamericana. Tratábase de Lilith’s awakening (2016), filme de autor e de terror dirixido por unha muller, Monica Demes, que mesturaba reivindicacións feministas e cine de vampiros dando lugar a unha das obras máis interesantes do festival. Fotografia: Daniel Gallego Comentabas no pase posterior á túa película que estiveras en Galicia hai anos facendo turismo... Ler máis