¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

L’ALTERNATIVA 2017: A RESISTENCIA DOS CORPOS

Taste of cement (Ziad Kalthoum, 2017) A última edición do festival barcelonés L’Alternativa pechou a súa vixésimocuarta edición cun éxito de público e unha coidada mostra dalgunhas das películas premiadas ao longo do ano (en Visions du Reel, Locarno ou o BAFICI), así como diversos focos a cineastas tan necesarios como Deborah Stratmann, Michael Glawogger e Eric Pauwels. Unha grella que continúa a interesante labor de programación de edicións pasadas, onde se... Ler máis

ALBANELERÍA DA ESCENA EN FONTAINHAS

Enxeño de Louis Lumière no prólogo do século XX –acaso de 1890 a 1914–, a palabra cinématographe axuga dúas voces gregas: kinema (movemento) e grafos (escrita). O dispositivo ao que nomea, pola súa banda, ten levado ao real esa cosedura léxica coma escritura do movemento –isto é, pondo en escena o tránsito do mundo a partir del propio: azar e cálculo1. Non fica indemne, á vez, o medio onde tal liturxia se oficia. O cinematógrafo escrebe a decurso dos seres... Ler máis