REC 2020: PRIMEIROS OLLARES

Mogul Mowgli (Bassam Tariq, 2020) O Festival REC, que se celebra en Tarragona baixo a batuta de Xavier García Puerto, decidiu substituír nesta edición o seu xurado da prensa por un de cineclubes, unha novidade coa que pretendían prestar atención a uns colectivos que cada vez desempeñan un papel máis fundamental na industria cinematográfica. Grazas a este cambio de criterio (que oxalá empece a implantarse tamén en Galicia), puiden achegarme a terras catalás como representante... Ler máis

O MELLOR DE 2020

Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas nas series ou se estiveron vendo as rúas baleiras desde a súa xanela. Este ano impórtannos... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2020: AS PEGADAS DO NOSO SER (I)

Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis

LÚA VERMELLA, de Lois Patiño

“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna natural testemuña de numerosos naufraxios e traxedias ao longo da historia, no formal os seus intereses... Ler máis