TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis