YOURSELF AND YOURS, de Hong Sang-soo
Nunha entrevista, Hong Sang-soo dicía que o amor é o único que importa nesta vida aparte da cervexa [1]. Igual que sucede no namoramento, e igual que sucede despois dunhas cantas cervexas, Yourself and Yours (2016) é unha película dominada pola dúbida e a ambigüidade, e dende o aparentemente anecdótico acaba sendo, ou parecendo, un filme enormemente sabio sobre a identidade, sobre a nosa identidade cando bebemos alcol, e sobre a percepción que temos da identidade dos... Ler máis
ESA SENSACIÓN, de Juan Cavestany, Julián Génisson e Pablo Hernando
Un fillo espía a seu pai mentres este atravesa unha crise de fe, unha muller sinte unha atración incontrolable por obxectos diversos (unha escaleira, un parquímetro…), un virus ataca ás persoas e fai que digan cousas sen pensar. Estas tres frases son a única explicación que se lle pode dar a un filme que non responde a ningunha lóxica ou arco dramático tradicional. Esa Sensación (2015) é unha labazada directa ao espectador e un soplo de aire fresco que entra a... Ler máis
PEDRO ALMODÓVAR: MESTIZAXE E DECONSTRUCIÓN
Acumulación e depuración. Eclecticismo e heterodoxia. Disolución de discursos e sistemas de representación hexemónicos. Traballo sobre o espazo e as formas. Camp, kitsch, pop, punk,… A historia non ten aforradas verbas para Pedro Almodóvar (Calzada de Calatrava, Ciudad Real, 1949). A súa intensa actividade (fotonovelas, dúo musical con McNamara, teatro en Los Goliardos, decorados, guionista de cómics, filmes en Súper 8, articulista e narrador) ao tempo que traballa... Ler máis
“EN HOLLYWOOD TALKIES NON HAI UNHA POSTA EN ESCENA, SENÓN UN BALEIRADO DE ESCENA”
Aproveito un número tan heteroxéneo, entusiasta e caprichoso como este, adicado ao (que consideramos o) máis destacado de 2011, para confesar a miña admiración por un dos autores máis estimulantes e inspiradores que tiven a fortuna de descubrir o pasado ano. O día que coñecín a Óscar Pérez acabei perseguíndoo polas rúas de L’Eixample e Gràcia, intercambiando opinións sobre a súa obra, comentándolle ideas para a miña peza Fills de Samsó, preguntándolle... Ler máis
ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?
“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis
RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO
Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito? Por que calquera relación do cinema e a política ponse baixo sospeita? Fíxose extensiva a... Ler máis
ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA
Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións individuais” (1). E é que ata máis esquecidas que as súas películas están os seus escritos:... Ler máis