VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL

Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de Róterdam (IFFR) nunha igrexa a comungar con dez obras que compoñen o programa de Vertical Cinema1.... Ler máis

ENTREVISTA A BILL MORRISON

“OS FILMES DESCOMPÓÑENSE, PERO AS IDEAS SEGUEN IMPRESAS NELES” ·  Bill Morrison, un dos grandes do cinema experimental contemporáneo (moitos consideran o seu filme Decasia a obra mestra das películas de vangarda), visitou o CGAI a inicios de outubro, como adianto da programación da IV Mostra de Ciencia e Cinema (do 24 ao 28 de outubro, na Coruña). Alí presentou Spark of Being, adaptación do Frankenstein de Mary Shelley a partires de metraxe de arquivo,... Ler máis

GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS

Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar: Pensar entre imágenes. Conversaciones, entrevistas, presentaciones y otros fragmentos, editado... Ler máis