Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”

Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis

HORS SATAN (2011) de Bruno Dumont

ROSTRO, PAISAXE E MILAGRE Rostro Hors Satan ten unha vinculación evidente con Ordet (1960) de Carl Theodor Dreyer, Teorema (1968) de Pier Paolo Pasolini ou Nostalghia (1983) de Andréi Tarkovski. Case nada. Obras de milagres, profetas e fe. No último filme de Dumont atopamos esas tres cousas. Centrado nun enigmático personaxe, que o cineasta galo retrata coma se fose un novo Zaratrusta; un ermitaño que vive en plena natureza de Pais de Calais á beira do Canal d’A mancha... Ler máis