PROCESOS #27: ANDRÉS GOTEIRA

Se hai un proxecto que está en boca de todos desde hai meses, ese é Dhogs. O filme, ópera prima de Andrés Goteira (Meira, 1983), é unha aposta radical que irrompe con violencia no cinema galego con algo rematadamente orixinal. Cadrando co día das Letras Galegas, Dhogs chega ás salas de cinema despois dun percorrido por festivais no que colleitou louvanzas e galardóns a partes iguais. Nunha entrevista falabas de que antes de Dhogs fixeras xa algunha curta. En que momento... Ler máis

BLACK SWAN, de Darren Aronofsky

ESPELLIÑO, ESPELLIÑO… QUEN É A MELLOR BAILARINA DO REINO? Creo que a estas alturas da película, e perdóenme por caer en tan manida frase feita, ninguén pode negar que Darren Arofnosky sexa un verdadeiro autor cinematográfico. Con tan só cinco longametraxes no seu haber, o director de (a reivindicable) The Fountain (2006) conseguiu dar corpo a un estilo totalmente recoñecible e identificable na gran pantalla; baseado, en grande parte, no exceso visual, na grandilocuencia,... Ler máis