SELFIE, de Víctor García León

As consecuencias do estourido da burbulla económica instauraron no cinema español recente unha tendencia a explorar, con frecuencia a través dos códigos da comedia, ese choque do benestar artificial do pasado inmediato e a precariedade do presente. Desde un producto industrial tan errado coma Tenemos que hablar (David Serrano, 2016) ata o caos terminal da incomprendida Murieron por encima de sus posibilidades (Isaki Lacuesta, 2014), o sentimento de desposesión inoculado... Ler máis

FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS)

Filmadrid tivo o acerto de contar con importantes presentacións de cineastas reivindicables, como Adolpho Arrietta, co micro na foto. Madrid non ten un festival de cinema xeralista que poida considerarse unha referencia. Co parque de salas da capital, e todas as actividades que se organizan en torno á sétima arte ao longo do ano, realmente custa crelo. Filmadrid chegou para solucionalo, e apunta maneiras para poder asentarse en pouco tempo. Cun programa diverso dunhas 80 películas,... Ler máis

“GUSTARÍAME SEGUIR FACENDO FILMES COMO ‘GENTE EN SITIOS’, MAIS A MIÑA COTA DE FAVORES XA SE ESGOTOU”. ENTREVISTA CON JUAN CAVESTANY

“Épocas estrañas requiren filmes extremos…”. Así preconizaba, coma se fose un agoiro, o tráiler de Dispongo de barcos (2010), un filme quimérico co que Juan Cavestany (Madrid, 1967) comezaba en 2010 a súa triloxía “feita a man”. Antes diso, o director coqueteara coa comedia española máis bizarra en El asombroso mundo de Borjamari y Pocholo (2004) ou a máis negra con Gente de mala calidad (2008). Mais hai catro anos, Cavestany decidiu dar un xiro de 360... Ler máis

PROCESOS#18 – JONÁS TRUEBA

Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día. Unha... Ler máis