NICOLAS WINDING REFN: VIOLENCIA E ESTÉTICA

Con 10 películas ás súas costas, o director danés Nicolas Winding Refn (Copenhague, 1970) gañou as louvanzas e as críticas do gran público. Etiquetado como “o director de Drive (2011)”, Refn é fiel a un estilo de facer cine que é constante desde as súas primeiras obras; filmes que, a pesar de non ser excesivamente coñecidos, teñen acadado unha cota ‘cine de culto’ dentro da filmografía danesa. A influencia do seu estilo resúmese nas declaracións do actor... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2015: UNHA ILLA EN TERRA FIRME

A 9ª edición do Festival Punto de Vista estreaba nova sede, Baluarte, e novo director artístico, o xornalista e cineasta Oskar Alegría. O cambio de espazo non mudou a xeografía do certame, xa que a situación das salas na cidade era practicamente a mesma, mais si que significou gañar en acústica (grazas ás paredes de madeira) e perder en imaxe (por culpa dunhas pantallas cheas de engurras, puntos e raias), aínda que ao final o verdadeiro problema foi de comodidade:... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

JAGTEN, de Thomas Vinterberg

Víctimas Hai década e media, Festen (Thomas Vinterberg, 1998), o título fundacional do movemento Dogma 95, abordaba un dos tabús máis incómodos para a sociedade actual: a pederastia. Quince anos despois, o seu director, Thomas Vinterberg, regresa con Jagten a ese mesmo tema, mais desta vez para amosarnos unha realidade que se atopa á outra banda do espello: a experiencia dun home que foi falsamente acusado de abusos sexuais a menores. O cineasta danés substitúe a mareante... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis