FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez

Dang wo wang xiang ni de shi hou, de Huang Shuli A pasaxe da infancia cara a unha primeira madurez é un tránsito misterioso, gradual e inexacto que o cine tratou de relatar desde os seus comezos. Nas cinco películas que compoñen esta sesión, uns poucos minutos bastan para dar conta dun tempo que se acaba e doutro que empuxa por nacer mentres acompañamos aos personaxes —algúns moi novos, outros xa nunha adultez temperá— nas súas respectivas procuras por comprender... Ler máis

MID90S, de Jonah Hill

Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a día cunha nai ausente e un irmán violento que abusa del. Interésase polo mundo do skate e atopa... Ler máis

FRANCES HA, de Noah Baumbach

Á PROCURA DO MEU SITIO Os catro protagonistas de Kicking and Screaming (Noah Baumbach, 1995) sufrían unha especie crise existencial xusto despois de graduarse na universidade que lles impedía cortar por completo o cordón umbilical da mocidade. A incerteza que xeraba o fin dunha etapa vital e a obrigación de comezar unha nova impulsaba os catro amigos recentemente graduados a pasarse medio ano facendo nada polo campus. Estes adolescentes salinguerianos -Grover (Josh Hamilton),... Ler máis