NURIA GIMÉNEZ LORANG: “PUIDO COMIGO A FASCINACIÓN POLAS IMAXES E A TENTACIÓN DE PODER FACER CON ELAS O QUE QUIXESE”

Após un éxito que non imaxinaba cando atopou anos de filmacións caseiras entre as pertenzas do seu avó, a directora Nuria Giménez Lorang visita Pontevedra no marco do Festival Novos Cinemas, onde quedo con ela para falar sobre a súa primeira longametraxe, a recentemente estreada My Mexican Bretzel (2020), e o seu proceso de creación.  De onde xorde a necesidade de manipular as imaxes das bobinas que atopa após o pasamento do seu avó? Xa de por si, a bobina como obxecto... Ler máis