A ESPONTANEIDADE DE OLLAR INDIGNADO
PROPOSTAS AUDIOVISUAIS ENTORNO Ó 15-M · «Los anti papa agreden a los católicos y la policía no actúa», titulaba o diario El Mundo, o 10 de agosto, no comezo dos conflitos derivados da visita do pontífice Ratzinger a Madrid. É só un exemplo do que foi o enfoque inicial na maioría dos grandes medios de comunicación do Estado, pero varias ducias de persoas, armadas coas cámaras dos seus teléfonos móbiles, non tardaron en demostrar a escasa obxectividade desa afirmacións.... Ler máis
O CINEMA DAS ATOCHAS
PROPOSTA PARA UN CICLO VIRTUAL · Dende 2008, e ata o pasado verán, A Coruña contou cun proxecto sociocultural que funcionou con total independencia das institucións da localidade herculina. A ‘okupada’ Casa das Atochas naceu con espírito confrontador, para provocar a reflexión sobre os modelos de propiedade da sociedade española, e a aceptación dun sistema que privilexia a vivenda como punto neurálxico da cultura do confort. Neste sentido, entenderon que a... Ler máis
TRES RUMBOS E…UN DESTINO?
Nos festivais de curtametraxes, é habitual acabar farto de pezas con final enxeñoso, como se ese fose o quid da cuestión. A sorpresa, a chiscadela, o chiste, van na procura dos premios, e o cinema queda de lado. Non é o caso en Curtocircuíto, que na súa última edición demostrou que hai vida máis aló da anécdota visual con caras famosas. Tampouco renunciou ao documental e á animación, ausentes habituais nestas citas, e claros protagonistas do certame compostelán.... Ler máis
O CINEMA DE MARCOS NINE
«SE ENTENDES AS CLAVES DA REALIDADE, SERÁ A TÚA ALIADA PARA CONTAR O QUE QUERES» · Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é un tipo que esquiva as etiquetaxes. Escribiu guións para as series Mareas Vivas, Terras de Miranda e As leis de Celavella. Púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige en Carcamáns e, daquela, recibiu a única etiqueta que lle serve realmente, a de documentalista. No xénero do documental afondou con obras como... Ler máis
