Festival de Málaga 2023: Unha celebración do loito e da perda
Diógenes, de Leonardo Barbuy A edición número vinte e seis do Festival de Málaga encheu as rúas da cidade andaluza de carteis, público e personalidades do audiovisual español entre os días 10 e 19 de marzo. Coma cada ano, o festival contou cun gran número de películas divididas en diferentes seccións que compoñían unha oferta para todos os gustos, e que fan deste festival un dos de maior calado social do país, imitando o esquema de Cannes, San Sebastián ou Venecia... Ler máis
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Matria, de Álvaro Gago O 2023 quedará marcado nas enciclopedias do cinema galego coma o ano no que tres filmes saídos da nosa terra participaron no prestixioso festival de Berlín. Con Lois Patiño non é literal, pois sitúa Samsara (2023) en Laos, mais Carla Subirana e Álvaro Gago poñen acento local ás historias que contan dende a Costa da Morte e as Rías Baixas, respectivamente con Sica (2023) e Matria (2023). Precisamente este último foi un dos primeiros filmes vistos... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis