MARÍLIA ROCHA: “NOS MEUS FILMES HAI UNHA VONTADE CLARA DE ESTAR COAS PERSONAXES E FILMALAS”
A programación desta 22ª edición do Festival de Cinema de Ourense traía tres focos centrados en tres figuras do sur de América: Jeannete Muñoz, Mariano Llinás e Marília Rocha. Desde que comezou a nosa cobertura do festival, ollamos con interese cara a figura de Marília Rocha, directora cunha carreira curta pero intensa na que explorou a etnografía brasileira en Aboio (2005), o colonialismo portugués en Acácio (2008), a adolescencia e o corpo feminino en A falta que... Ler máis
MARÍLIA ROCHA: CATRO SÍNTOMAS DUNHA AUTORA
A chegada de Fran Gayo e a súa equipa á dirección artística ao Festival de Ourense supuxo unha renovación do seu enfoque. O que antes era un festival que pasaba desapercibido nas citas cinéfilas galegas, é hoxe un evento imperdible onde as pontes creadas entre Latinoamérica, a lusofonía e Galicia son xa feitos constatables. Podemos afirmar que o OUFF supón o punto de encontro que precisaba Galicia para ter unha rede de festivais de cinema interconectados cuxas programacións... Ler máis
DOC LISBOA 2016 (III / III): A SÚA PRAIA É A NOSA PRAIA
Mergullarse na competición portuguesa do último Doc Lisboa significou viaxar ao Xapón, a África ou ao Brasil sen sequera saír de Lisboa. Os títulos seleccionados deron continuidade ao impulso luso de ir á procura de novos horizontes no alén mar, ao mesmo tempo que exploraban os espazos cotiás, as casas, e mesmo os corpos dos seus compatriotas. O catálogo do festival, de novo, ofrecía un mapa co que orientarse –na páxina 63, para quen o queira ver– organizado,... Ler máis