O LUGAR DA MÚSICA

A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis

O MELLOR DE 2014

Boyhood (Richard Linklater, EUA, 2014) – 66 puntos / 9 votos The Grand Budapest Hotel (Wes Anderson, EUA / Reino Unido / Alemaña, 2014) – 42/7 Cavalo Dinheiro (Pedro Costa, Portugal, 2014) – 37/6 Adieu au language (Jean-Luc Godard, Suíza, 2014) – 32/7 The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, EUA, 2013) – 30/5 Jauja (Lisandro Alonso, Arxentina / Dinamarca / Francia / México / EUA / Alemaña / Brasil / Holanda, 2014) – 29/5 Her (Spike... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

USA-BABILONIA

“Nada ten tanto éxito coma o exceso“. Unha frase de Oscar Wilde, escritor máis prolífico polas súas declaracións que pola súa obra literaria. Wilde era en si mesmo un tipo en grao sumo excesivo e comprendeu que nunha sociedade reprimida como a vitoriana a tentación de abandono que supón un comportamento desinhibido tiña un atractivo ao que era difícil resistirse. Mesmo hoxe en día, cando as represións son menos obvias, non hai mellor forma de atraer a... Ler máis

FESTIVAL INTERNATIONAL DU PREMIER FILM D’ANNONAY

Entre o venres 27 de Xaneiro e o luns 6 de Febreiro de 2012, a 29ª Edición do Festival International du Premier Filme de Annonay et Pays Annonéen reuniu unha serie de directores debutantes chegados de diferentes lugares do mundo para presentar as súas óperas primas ao longo de once intensos días de cinema e frío. Este festival foi creado en 1984 e está dedicado desde 1988 a filmes inéditos de directores debutantes. Esta especificidade determina que o centro de atención... Ler máis

HUGO, de Martin Scorsese

O CINEMA COMO PALIMPSESTPO Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe unha Gare de Montparnasse dixital para recuperar o cinema analóxico de Georges Meliès en Hugo (Martin... Ler máis

AUTORÍA DE XÉNERO, COLLEITA 2010-2011

É habitual nas conversas cinéfilas escoitar que a dicotomía entre cinema de autor e de xénero está superada. Canto maior é a necesidade de evidenciar algo, menos certo adoita ser. O posmodernismo tróuxonos exercicios referenciais e metafílmicos que acabaron por converter o propio ensaio sobre o xénero nunha pegada autoral. Os Coen ou Quentin Tarantino son boa mostra disto. Pola contra, Hollywood segue xogando sobre seguro, e semella que non quere traizoar estas categorías,... Ler máis