BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS

O foco que Play-Doc lle dedica a Bruce Weber permítenos agora repasar a filmografía dun cineasta ocasional que está considerado coma un dos máis grandes fotógrafos de moda dos últimos trinta anos. Se ben tratar das súas instantáneas non resulta aquí o noso principal obxectivo e o volume de obra é inabarcable, as imaxes estáticas e en movemento que o norteamericano produce son indisociables as unhas das outras, polo que un pouco de contexto non sobrará. Weber iniciou... Ler máis

PHANTOM THREAD, de Paul Thomas Anderson

A oitava obra de PTA, ​Phantom Thread ​(2018), é unha película estraña e espléndida. Magnificamente confusa, o seu título dio todo. Esta é unha historia tanto de fíos coma de fantasmas. Ao longo de quilómetros de seda e tafetá, revélase a relación neurótica coa creación dun prestixioso deseñador de moda no Londres da posguerra, Reynolds Woodcock (Daniel Day-Lewis), e o seu amor obsesivo coas mulleres importantes da súa vida: a súa defunta nai, a súa irmá,... Ler máis

TROTE, de Xacio Baño

Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis

STREETWISE: RECOMPOÑENDO IMAXES E XÉNERO

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 (Le o texto na súa versión orixinal en portugués aquí) Recompoñer imaxes, recompoñendo o xénero. No fondo, esta é a proposta, a partir de Streetwise, de Martin Bell, e da teoría da performatividade de Judith Butler. E de que forma nos axuda a montaxe, o colado, a re-ver os xestos máis cotiás? Comparándoos, sobrepoñéndoos,... Ler máis

FORCE MAJEURE, de Ruben Östlund

-It just sounds very strange, when we say it in English, an ‘avalanche’ [“Soa raro cando o dicimos en inglés, unha avalancha”] ¡Papá, papá! Ebba (Lisa Loven Kongsli) e Tomas (Johannes Bah Kuhnke) son un matrimonio sueco de vacacións que quedaron para cear cunha compatriota e co seu novo amigo norteamericano. Co anterior diálogo, Ebba interrompe o relato parcial que seu home está a facer do que lles ocorreu esa mesma mañá. O acontecemento foi brutal: mentres... Ler máis