A NARRATIVA EMERXENTE NOS VIDEOXOGOS DO SÉCULO XXI. VIAXANDO ATÉ O INFINITO E MÁIS ALÁ

As sondas avanzaron cara a nada: liñas diverxentes partindo en múltiples direccións cara ao descoñecido. Cada certo tempo, un planeta xérase ao paso dun dos bots, e este manda os datos aos seus creadores. Un sistema solar márcase pouco despois no mapa estelar. Dende a superficie dun deses novos mundos vemos como o ceo alaranxado cobre baixo o seu manto a rica orografía. Enormes bestas móvense con lentitude ao calor dunha nova estrela. No Man’s Sky (Sean Murray &... Ler máis

SITGES 2013 (1/4): WE ALL DIE IN THE END

Suponse que a función dun programador é a de xuntar títulos para producir un discurso. Atendendo a este principio básico, pódese afirmar que o equipo de Sitges tivo as cousas moi claras para trazar as liñas definitorias deste 2013. Advertimos polo menos dúas moi claras e cruzadas, e outros tantos apuntamentos que dialogan con temas de pasadas edicións. Polo rico da proposta, dividiremos a nosa cobertura deste ano en catro partes, publicadas ao longo de dúas semanas, para... Ler máis

MÁIS ALÓ DA ÚLTIMA FRONTEIRA

Dicíao Merovingio en Matrix Reloaded (The Wachowski Brothers, 2003), só hai unha verdade no universo: a causalidade, por cada acción hai unha reacción. Por iso non é de estrañar o fenómeno que, a modo de liña argumental, seguiu o festival de Sitges deste ano. Aínda que oficialmente a presente edición estaba dedicada ao mundo da intelixencia artificial algo se moveu de forma soterrada pero evidente: a profusión de filmes cuxa lectura trasládanos á inquietude pola... Ler máis