CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis
THE FUTURE, de Miranda July
A traxectoria de Miranda July atravesa neste momento un período delicado. A súa estrea de masas no desapiadado mundo do celuloide, lembremos, foi fulgurante: a súa primeira longametraxe, Me and You and Everyone We Know(2005), estreouse a escala mundial no festival de Cannes, onde obtivo a prezada Cámara de Ouro á mellor ópera prima e eloxios de case todos os sectores da crítica polo seu concienciudo traballo estético, a súa delicadeza, a súa atención ao detalle e o... Ler máis