MICHAEL GLAWOGGER: “OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA”

Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas ficcións. O director presentou no certame Whores’ Glory (2011), que aplica a lóxica das dúas... Ler máis

Crónica 22 de novembro

“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis