FON CORTIZO: “O CINEMA É UNHA ARTE DE CREACIÓN COLECTIVA E EU QUERÍA RECUPERAR ESA ESENCIA”

Fon Cortizo propón 9 fugas (2020) que son tanto musicais como cinéticas na súa segunda longametraxe tras Contrafaces (2015). Presentada onte no Festival Internacional de Cinema de Xixón, que este ano se fai enteiramente online, pode verse en Filmin ata o 26 de novembro ás 20 horas, sempre que non se superen os 1.000 visionados marcados como tope desta sorte de salas virtuais. Falamos con el para que nos explique os detalles desta produción rodada dende a improvisación... Ler máis

PLAY-DOC 2020: XEOGRAFÍAS HUMANAS

Non é novidade que os festivais, debido á pandemia de Covid-19, deban este ano optar por solucións creativas, que pasan en moitos casos pola celebración de parte da súa programación en formato online. Foi o caso co Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que, ante o aforo reducido no teatro municipal, decidiu saír á rúa en moitas das súas actividades, apostando por artistas galegos e obras propias, específicas para o contexto. Nada de retrospectivas... Ler máis

EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron

Fáiseme imposible falar de Eroski Paraíso, a película, sen tocar o persoal. Así que isto, máis que unha crítica, é un comentario que nace do íntimo. Do interior cara o exterior. De forma transparente como se nos conta o filme: deixando ver o esqueleto. Eroski Paraíso (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía de teatro Chévere, recrea o escenario e o proceso de rodaxe da película que Alex (Cris Iglesias) quere facer sobre... Ler máis

MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS

Xusto a tempo para poder formar parte das compilacións do mellor do ano, o Festival Márgenes volve a inundar os fogares cun cinema independente que loita para poder ter espazo nas salas. Quizais por esta loita, o espazo que reclama Márgenes é o da web; así, toda a selección de filmes da Sección Oficial do festival atópase dispoñible na súa web no período entre Novembro e Decembro. Nove edicións onde o público pode, desde a comodidade do fogar, acceder ás marxes... Ler máis

SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba

-Una última pregunta Chicho: ¿Queda alguna revolución pendiente? -Todas, ya que ninguna de ellas se ha concluído debidamente. Semella case unha casualidade que poucas semanas despois da exhumación de Franco, Si me borrara el viento lo que yo canto (David Trueba, 2019) comece con imaxes deste enterro. Porén, lonxe dunha casualidade, isto é unha mostra do moito traballo que queda por facer en materia de memoria histórica e de recuperación do arrasado polo franquismo (aínda... Ler máis

PLAY-DOC 2019: ‘O CINEMA É CACHOEIRA’

Arquivo. Viaxe. Familia. O arquivo das viaxes familiares. As viaxes do arquivo familiar. A familia de viaxe no arquivo. Os arquivos das familias viaxeiras. As viaxes familiares a través do arquivo. Tres conceptos, múltiples combinacións: imaxes e ideas que saltan dun filme a outro nunha fervenza de luz, como unha desas cachoeiras hipnóticas que tanto filmaba o protagonista do título gañador da competición do Play-Doc 2019: Humberto Mauro (André di Mauro, 2018), un filme... Ler máis

DOLOR Y GLORIA, de Pedro Almodóvar

Conta o debuxante Lewis Trondheim no seu ensaio gráfico Désœuvré (2005), producido en pleno bloqueo por unha crise da mediana idade, o pánico que lle transmite a idea de ter tocado teito creativamente, e que a partir de entón só lle quede estancarse, repetirse e esmorecer. Dedica un bo treito da obra a reparar no exemplo dos seus grandes ídolos do medio, e en case todos atopa un momento a partir do cal empezan a “envellecer mal”. Esa curva da decadencia que describe... Ler máis

LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler

Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis

DOC LISBOA 2017: LUGARES DE FALA

Cómpre eloxiar a extraordinaria coherencia coa que os programadores do Doc Lisboa establecen ligazóns entre as diferentes seccións do festival: este ano, dunha banda, había varios filmes espello, que trataban os mesmos temas dende distintas perspectivas –como a morte, en 方綉英 (Mrs. Fang, Wang Bing, 2017) e End of Life (John Bruce & Pawel Wojtasik, 2017); ou o racismo, en Did You Wonder Who Fired the Gun? (Travis Wilkerson, 2017) e Purge this Land (Lee Anne Schmitt,... Ler máis

O ARQUIVO AUDIOVISUAL DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Coñecín aos responsábeis da revista A Cuarta Parede hai tres meses, no seminario sobre crítica audiovisual celebrado na última edición do Play-Doc. Falamos daquela da posibilidade de escribir sobre o traballo que vimos facendo na Sección de Fondos Audiovisuais do Arquivo da Deputación de Pontevedra, polo que este artigo pretende dar conta das nosas actividades e servir de declaración de intencións sobre o que aspiramos a ser. Cómpre, con todo, comezar con algunhas... Ler máis