FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)

1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis

LE QUATTRO VOLTE de Michelangelo Frammartino

A velocidade do presente ten tendencia a esquecer os ritmos propios daqueles lugares arredados dos principais fluxos económicos mundiais, como é o caso do medio rural. A súa representación adoita dividirse entre un discurso positivo, centrado na nostalxia polas comunidades perdidas, fronte a outro negativo, onde se incide no atraso e no illamento destes espazos. Por exemplo, algúns documentarios, como El Cielo Gira (Mercedes Alvarez, 2004), evocan as paisaxes do rural como... Ler máis